No pleno de Boiro apróbase unha bonificación no imposto sobre construcións a Amicos para o seu taller de madeira en Bermo

01 Marzo 2024

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 29 o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. A sesión contou cun total de 15 membros da corporación ao rexistrarse a ausencia de Alba Ferreiro (PP) e Dores Torrado (Boiro Novo).

A sesión pode visualizarse íntegro a través da canle de YouTube municipal do Concello de Boiro.

Votacións da sesión plenaria:

1. Aprobación provisional do ditame sobre a modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 “Parque empresarial de Espiñeira” – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e BNG).

2. Aprobación definitiva do ditame do estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira S.A.U., redactado por Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes da parcela sur do PSIS de Bodión – aprobación con 13 votos a favor (PSOE e PP) e 2 abstencións (BNG).

3. Aprobación do ditame sobre a bonificación do 95% da cota do imposto sobre construcións, instalacións e obra a favor da Fundación Amicos para a construción dunha edificación para a actividade de taller prelaboral e de inserción laboral de astillado e traballos con madeira, no lugar de Bermo – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e BNG).

4. Aprobación inicial do ditame da modificación núm. 1/2024 das bases de execución orzamentaria – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 6 abstencións (PP e BNG).

5. Aprobación do ditame polo que se desestima a solicitude presentada por Estrella del Mar SLU para a prórroga da concesión de dominio público outorgada polo Concello de Boiro con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo de bar-restaurante en Praia Xardín – punto retirado da orde do día.

6. Aprobación do ditame sobre a compatibilización de empregado público para o exercicio de actividades privadas – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e BNG).

7. Aprobación do ditame de modificación puntual nº1 da realización de postos de traballo – punto retirado da orde do día.

8. Moción do grupo municipal do Partido Popular de apoio aos agricultores e gandeiros de España – rexeitado con 4 votos a favor (PP), 9 votos en contra (PSOE) e 2 abstencións (BNG).

9. Moción do grupo municipal do Partido Popular en relación coa atención primaria – rexeitada con 4 votos a favor (PP) e 11 votos en contra (PSOE e BNG).

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.