Muros celebra o 8 M

08 Marzo 2024

O Concello de Muros celebrou o Día da Muller cun acto coa comunidade educativa no que participaron máis de 300 nenos e nenas.

A alcaldesa, María Lago, animounos “a loitar polos vosos ideais, que ninguén vos diga o que podedes facer e o que non podedes facer”, facendo un chamamento “a traballar de forma conxunta para que chegue a igualdade real e efectiva á nosa sociedade”.

O acto celebrouse na pista deportiva do IES As Ínsuas, coa presenza do alumnado do centro anfitrión, das escolas de educación infantil de Muros e Tal, do CEIP Ricardo Tobío, CEIP Ramón de Artaza e o IES Fontexería.

Alumnos e alumnas de cada centro leron un manifesto reivindicativo polo 8M e houbo tamén o espectáculo ‘Leo Leíño’ “pola Igualdade dende a Maxia”. Ata o día 22 de marzo seguirán as actividades por todo o Concello de Muros con motivo do Día da Muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.