Mércores chega “Nelson” unha nova fronte con chuvascos todo o día.Seguimos en alerta laranxa por temporal na costa

26 Marzo 2024

Esta semana Santa estará marcada pola chegada da borrasca ‘Nelson’, unha fronte atlántica que deixará ceos nubrados e choivas xeneralizadas a partir deste mércores. Trátase da décimo cuarta borrasca da tempada 2023-24.

Durante a xornada do mércores un sistema frontal afectará a Galicia, deste xeito teremos intervalos nubrados con chuvascos de intensidade moderada, localmente treboentos. A cota de neve estará nos 1200 metros baixando a 800 metros a últimas horas do día. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios. Os ventos soprarán fortes do oeste-suroeste en todo o territorio.

Seguiremos este mércores en alerta laranxa por temporal costeiro e en amarela por vento en toda a comunidade.

meteogalicia

Este me´crores chega unha masa moi frías de orixe ártica. Durante o que resta de semana santa e boa parte da próxima, seguiremos con borrascas.

windy

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 6 a 8 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Vaga á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 5 a 6 metros á tarde e 5.5 a 6.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.