“Maio e xuño, os meses deste ano para a veda do polbo” – Antón Luaces

26 Marzo 2024

Dous meses, maio e xuño, serán os que a frota polbeira de Galicia dediquen á  veda deste cefalópodo. Unha medida técnica que comprende o plan de polbo co obxectivo de axustar  a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie. Deste xeito protexe a súa produción e contribúe a unha explotación máis sustentable.

Para elo, a Consellería do Mar e o sector aplícanse nun novo plan, que entrará en vigor o próximo exercicio, no que se pretende ampliara a veda dotando a esta de apoio económico, extremando o control e contando con máis e mellores datos da situación da especie para optimizar a súa xestión.

Todo está disposto, segundo informa a Consellería do Mar, a expensas de que se aprobe o plan experimental para a xestión do polbo e á falta de aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución para esta campaña 2024-2025.

Quedará polo tanto expresamente prohibida a captura desta especie no período sinalado e por medio de calquera arte en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo, ben exteriores ou interiores. Deste xeito, as embarcacións dedicadas á captura do cefalópodo  con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto. O tempo de veda será tamén de aplicación á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para o polbo.

A campaña, consensuada co sector, abrirase a finais do mes de xuño. Ao rematar a veda non varían nin os quilogramos estipulados como capturas máximas nin as especies acompañantes que se poden capturar. Permanecerán igual os horarios, tal e como se explicitará no DOG.

No que corresponde aos horarios tamén seguirán os mesmos, e no que atinxe aos desembarques, trabállase na mellora da adecuación das autorizacións en varios postos para que non haxa problemas no día a día.

A comisión de seguimento vai estudar unha condición específica para a frota con porto base en Malpica, cuxas circunstancias especiais pola proximidade a un dos límites zonais do plan, obrigará a revisalas para dotalas de maior flexibilidade. 

O Plan será máis completo na campaña 2025-2026, que podería implicar catro meses de parada, dous deles con probable subvención como paro biolóxico.

Este Plan 2025-2026 comezará a definirse de inmediato ao fin de poñelo en marcha, o que permite á frota ir axeitando a súa actividade anual á parada. 

De cara ao ano que ven tentarase mellorar o seguimento e obter máis datos e con maior precisión ao fin de poder realizar unha mellor xestión do recurso.

Trabállase ademais nun plan de control e seguimento das actividade de gardacostas e gardapescas das confrarías de pescadores, co obxectivo de ser máis esixentes e permita reducir a mínimos as posibles desviacións sobre a norma.

As regulacións dos tamaños mínimos proporcionarán que o peso mínimo dun quilogramo para o polbo pase a ter unha marxe de tolerancia de 50 gramos unha vez se realice e rexistre a pesada no momento do desembarque, cuestión que actualmente demandan as organizacións do sector da pesca.

Caixa de entrada

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.