O próximo venres 22 de marzo preséntase en Esteiro (Muros) o libro Feminismo en cen palabras na compaña da súa autora Luca Chao. Este acto pechará a programación polo Día Internacional da Muller (8M) no Concello de Muros. A cita será na Casa da Sociedade de Esteiro, este venres ás 18:00 horas. O aforo será limitado e as inscricións hai que facelas a través do telefono 981 762 465 de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. Tamén podemos inscribirnos na ligazón habilitada. Entregarase un exemplar do libro ás persoas asistentes.




