Inaugurada en Vigo a exposición de gravados á punta seca de Colmeiro con fondos do Museo do Gravado de Artes

19 Marzo 2024

A Fundación Laxeiro de Vigo acolleu este martes 19 de marzo a inauguración da exposición Colmeiro, punta seca, con fondos do Museo do Gravado de Artes (Ribeira). Esta mostra, que visita a cidade olívica grazas á colaboración da institución provincial coa Fundación, recolle preto de 50 gravados elaborados polo artista durante o seu exilio en Bos Aires e París con temáticas como a nostalxia pola terra ou a figura da muller.

A mostra está comisariada por Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, e por Xosé Carlos López Bernárdez, escritor vigués e historiador da Arte.

Como dixemos, a exposición Colmeiro, punta seca é froito dunha colaboración da Fundación Laxeiro coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira que editou unha carpeta con 48 gravados do artista galego datados a finais dos anos trinta e os anos corenta. Grazas á cortesía da familia Colmeiro, estes traballos móstranse xunto ás súas matrices orixinais, o que, segundo comentou Pastor Rodríguez, “ofrece unha oportunidade única para entender o proceso de estampado de obra gráfica”. Na presentación-inauguración interviñeron Xosé Carlos L. Bernárdez, Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, e Abel Caballero, presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo.

O rexedor vigués lembrou que o Concello mantén un acordo coa familia de Manuel Colmeiro para colaborar na difusión do traballo creativo do artista e fixo un chamamento á cidadanía a que visite a exposición Colmeiro Punta Seca.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, destacou a transcendencia de Colmeiro ao propiciar a renovación da arte galega e a orixinalidade da mostra aberta en Vigo. “Trátase dunha exposición única”, dixo.

O comisario da mostra, Carlos López, destacou a importancia da presenza en Vigo dos ferros orixinais das obras de Colmeiro realizadas na década dos 40 do século pasado, durante o inicio do seu exilio provocado pola guerras civil e mundial, e creadas “desde unha perspectiva dun humanismo antifascista que teñen que ver coa obra de Picasso clasicista dos anos 30 e coa súa experiencia galega, do exilio e da memoria”.

No acto tamén participou a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, quen asegurou que “esta é unha oportunidade única para que a cidadanía da provincia poida achegarse a coñecer unha faceta descoñecida sobre unha das figuras máis representativas da arte galega de comezos do século pasado”. A exposición poderase visitar ata o 30 de xuño.​

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.