“Galicia nai, con moitas mulleres que nunca souberon do seu Día Internacional”. Antón Luaces

08 Marzo 2024

Estamos no tempo de invernía e a comarca do Barbanza adoptou un outro ano a cor añil que, no oito de febreiro, xungue aínda máis o carácter matricial desta terra tan de homes mariños con esa figura inalterable da muller que todo o asume por máis que sexa o home o que històricamente protagonizou a vida familiar.

No seu día internacional, a muller barbanzana foi, malia o mal tempo que afecta á comarca (e a toda Galicia), o epicentro das distintas conmemoracións desenvolvidas co gallo de tal celebración. E foi de salientar a participación nestes actos (deslucidos polo mal tempo) de numeroso varóns que, a cada paso, comparten máis coas mulleres ese Día Internacional no que, os que levamos na mochila vital o peso dos anos, integramos o novo e o vello para sen dúbida, co novo papel da muller ata hai ben poucos anos recluída na casa debido á falta do home tantas veces ancorado nos 120-150 metros cadrados do seu barco-casa, sabedor de que o seu verdadeiro fogar quedara nas seguras mans da súa compañeira de vida.  

Da mercante ou da pesca, o home do Barbanza foi sempre o eterno ausente que facía viúva de vivo á muller do mariñeiro, como o era tamén a compañeira do migrante na Galicia rural do século XIX, cando a fame e a miseria levou a Cuba a milleiros de homes que, en bastantes casos, nunca retornaron á casa xa que logo atoparan aló, na illa soñada, unha nova familia que adoptara coma propia para substituir á propia.

Ben o sabía Rosalía de Castro cando, no libro V do poemario “Follas novas”, se refería aos que fuxían da fame e a miseria como “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” que aquí, en Galicia, quedaban porque os homes acodían a Cuba para aproveitar a enorme demanda de man de obra alí existente após a abolición da escravitude.

Á illa cubana acodìan aqueles homes galegos, moitos deles analfabetos, deixando as responsabilidades familiares a cargo da muller (asimesmo analfabeta).  Uns poucos volveron á súa terra natal coma indianos ricos, outros  fixérono co posto e, a maioría, no dou novas do seu paradoiro (as viúvas de vivos que citaba Rosalía de Castro) nun laio dorido pola ausencia xa permanente.

Estas mulleres -entre as que figurou ata principios dos anos 50 do século pasado a miña avoa materna- foron quen de crear una Galicia nova, educando e mantendo fillos, casa e labradíos, gando e responsabilidades durante a Guerra Civil española, e dependendo de fillos que araban e rozaban leiras e montes polas mañáns e largaban aparellos no mar pola tarde-noite, sempre a nai pendente de todo canto se movía dentro e fóra das paredes da casa familiar.

Foron aquelas mulleres caladas, de pano á cabeza e sinatura dactilar, que na súa vida léran un libro máis souberon facer que os fillos aprenderán a facelo, amáis de escribir e saber utilizar as catro regras: sumar, restar, multiplicar e dividir. Elas preferían pasar fame  antes que os fillos foran, coma elas, analfabetos.

Tamén aquelas nais souberon de persecuciòns, de acosos dos poderosos caciques, de favores outorgados aos que mandaban, de terras arrendadas e gando vacún “posto” que nunca sería seu e do que habia que render contas ao propietario; de saquetas de millo, centeo e trigo carrexadas ao muiño na cabeza, como carrexaban tamén dende a fonte as sellas de auga, ou “chamaban” á vaca que arrastraba a carrola cantareira polos camiños de terra en congostras e repicóns…

Eran as viúvas de vivos que, á falta dun pai que impuxera respecto aos fillos, optaban por mandar estes á escola e de aquí, ao mar. O mesmo mar polo que un día lonxano, partira o pai na percura duns pesos que, en demasiadas ocasións, non chegaban e ninguén explicaba por que. Nais que criaron carne de canón para que unha Guerra Civil se librara máis ou menos lonxe de Galicia, cando aquí homes de azul e gardas civís practicaban a “saca” para sementar as gavias de afusilados  que non levaban ao cimeterio para wue, na casa e en silencio, podelos chorar na humidade da terra.

Son as outras mulleres que nunca en Galicia souberon que terìan un Día Internacional.  Vestían de loito permanente e o único añil que coñecían era o que branqueaba as sabas de lenzo crú  de Xubia.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.