Fin de semana de tempo seco con baixada de temperaturas. Aviso amarelo na costa

22 Marzo 2024

Seguiremos con ceos pouco anubrados ou despexados, o domingo de Ramos seguirá o sol. As temperaturas sufrirán un moderado descenso nesta xornada xa que o vento soprará do nordés, moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico.

A provincia da Coruña e a zona de costa da provincia de Pontevedra terán este sábado un aviso amarelo por forte vento do nordeste.

Segundo a información de Meteogalicia, o aviso na Coruña afectará á Costa da Morte, oeste e suroeste da provincia. Durará desde a medianoite ata as 9,00 horas da mañá do sábado. Prevense refachos máximos de 80 quilómetros por hora.

No caso de Pontevedra, o aviso concéntrase na zona de mar das Rías Baixas, con ventos de nordeste de forza 7.

Agárdanse precipitacións a partir do luns e durante toda a Semana Santa, as temperaturas seguirán baixando.

O noso mar: Vento do nordés, forza 5 a 7 á mañá e 4 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.