Santiago e as Rías Baixas afrontan un domingo de ceos variables e brétemas trala retirada do anticiclón

10 Outubro 2026

Este domingo 11 esperase un cambio progresivo de tempo debido á retirada do anticiclón cara ao sur, o que deixará paso a un réxime de ventos de compoñente oeste que achegará brétemas e anubrados, especialmente no litoral.

A xornada estará marcada por ceos máis cubertos na provincia da Coruña e na metade norte de Lugo. Pola contra, no resto da comunidade predominarán os ceos máis despexados ou con presenza de nubes altas.

No tocante ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que os valores máximos se manterán sen apenas cambios significativos respecto a días anteriores. O vento soprará de compoñente oeste con intensidade xeralmente frouxa.(máximas de 21 a 24 graos).

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.