En Ribeira os equipos de emerxencias liberan a unha nena á que lle quedou a perna atrapada entre os barrotes dun parque

05 Marzo 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Policía Local, Policía Nacional, 061 e GAEM veñen de intervir na liberación de perna atascada en xogo infantil dunha nena no parque das Abesasas no Concello de Ribeira

A menor foi atendida no punto polos servizos sanitarios logo de que os equipos de emerxencias fixeran uso do seu material de excarceración para cortar parte da varanda.

Así o comunicaron aos xestores do 112 Galicia logo de rematar á súa intervención neste incidente, do que no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tívose constancia dez minutos antes das 17:30 horas. Foi a través da chamada dun particular, quen explicou que ocorrera nun parque infantil da parroquia de Santa Uxía de Ribeira.

No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro, o GAEM e a Policía Local de Ribeira, así como os axentes da Policía Nacional.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Policía Local, Policía Nacional, 061 e GAEM veñen de intervir na liberación de perna atascada en xogo infantil dunha nena no parque das Abesasas no Concello de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.