Unha chamada de emerxencia o 112, alertou dun accidente de tráfico en Rianxo que deixou a unha persoa ferida. O incidente ocorreu na estrada provincial DP-7202, que conecta a vila rianxeira con Asados, preto do tanatorio local, cando dous automóbiles chocaron de fronte.
Por mor do impacto, un home que viaxaba nun dos vehículos sufriu feridas graves e foi trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario en Santiago. Un dos coches accidentados quedou bloqueando un dos carrís da vía, o que requiriu a intervención da Policía Local para xestionar o tráfico.
Na operación tamén participaron membros de Protección Civil de Rianxo, mentres que a Garda Civil de Tráfico encárgase de levar a cabo as investigacións pertinentes.




