Dez persoas foron trasladadas e quince coches estiveron implicados nos dous accidentes en ambos sentidos da AP-9 en Pontevedra

09 Marzo 2024

Unha forte sarabia obrigou a cortar a AP-9, ao seu paso por Pontevedra, durante case unha hora tras se producir varios accidentes. O máis grave, con quince vehículos implicados, rexistrouse en dirección á Coruña, á altura da parroquia de Alba, entre os quilómetros 126 e 127.

Os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que unha decena de persoas implicadas en ambos accidentes, que tiveron lugar cuns minutos de diferenza en cada un dos sentidos da autoestrada, foron evacuadas aos hospitais Montecelo e Domínguez da localidade.

Por outra banda, a Garda Civil de Tráfico informou de que foron quince os vehículos accidentados, once no sinistro ocorrido en sentido norte e catro nos carrís en dirección Vigo. 

Convén sinalar que os primeiros avisos, que chegaron ao 112 Galicia a través das chamadas de particulares, contáronse contra as 11 horas desta mañá entre os quilómetros 126 e 127 desta autoestrada, e que varios dos alertadores comunicaron que o accidente puido producirse pola presenza de xeo na estrada.

No operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros, a Policía Local e Protección Civil de Pontevedra, así coma os operarios de conservación da estrada.

DGT, atasco debido os accidentes

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.