Deporte e microplásticos centraron a novena edición das Xornadas Muller e Ciencia na Pobra

04 Marzo 2024

A Pobra do Caramiñal celebrou unha nova edición (a novena) das Xornadas Muller e Ciencia, este sábado 2 de marzo pola tarde. O acto, que supuxo a apertura da axenda impulsada pola Concellaría da Igualdade con ocasión do Día Internacional da Muller (este 8 de marzo), tivo novamente o obxectivo de “valorizar, visibilizar e fortalecer a figura da muller no eido da ciencia; un eido aínda, hoxe en día, moi masculinizado”, apuntou a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, antes de introducir as relatoras deste ano.

Tamén tivo palabras de recoñecemento para Lola Ferreiro, médica falecida a finais de 2023, quen participou como conferenciante na pasada edición analizando as violencias exercidas polas institucións por acción ou omisión sobre a saúde das mulleres.

Cristina López Villar, licenciada en Educación Física e doutora en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, determinou cales son os factores que inflúen no descenso da actividade física nas mulleres, máis destacada ca nos homes, como o menor apoio social, a falta de oportunidades ou a menor percepción de competencia, en O que non che contaron sobre a actividade física das mulleres. Tamén desmentiu algúns discursos instaurados na sociedade sobre como afecta a práctica deportiva o físico das mulleres, sempre creando unha alarma sobre a alteración do canon de beleza hexemónico.

Da problemática medioambiental actual á cal nos enfrontamos disertou Gloria María Pena Uris, doutora en Química e profesora titular da Universidade de Vigo, na área da Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, con Microplásticos: un problema que debemos coñecer e abordar, quen explicou as causas de que os granulados plásticos (pélets) cheguen ao mar. De feito, apuntou que é habitual a súa presenza na costa de zonas moi industrializadas por se produciren perdas crónicas destes granulados. Métodos de transporte ou medidas preventivas foron algúns dos parámetros que se analizaron. Segundo manifestou, os granulados son só a punta do iceberg: os estudos cifran entre 75 e 270 millóns as toneladas de residuos plásticos no mar (UNEP) e estímase que cada ano se engaden entre 4’8 a 13 millóns de toneladas, se ben a contaminación na terra é superior.

O vídeo completo permanece na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...