“Datos biométricos”. Luís Celeiro

13 Marzo 2024

Ninguén pon nin se puxo nunca en dúbida a importancia das matemáticas para coñecer o
que pasa en distintas ordes da vida, na casa e fóra dela, na saúde, na medicina, na música e
na literatura ou na economía das familias e dos estados. Son necesarias ou imprescindibles
para entender o que ocorre ao redor da xente e da vida. A súa aplicación, aínda sen sabelo,
é conveniente para a análise da contorna, para pescudar, estudar e coñecer fenómenos
biolóxicos, para facer previsións en distintos eidos, incluídos aqueles vencellados
directamente co andar e a identidade das persoas.
Nestes tempos das chaves informáticas e contrasinais para todo, a biometría, aplicación da
estatística á análise de datos e fenómenos biolóxicos, é un magnífico recurso para indicarlle
á máquina que es ti mesmo e non un falso ti. Da lectura e análise do iris, esa membrana
circular do ollo, situada entre a córnea e o cristalino, pódense obter datos que identifiquen
a unha persoa e que a diferencien de calquera outra.
Segundo os investigadores, o iris é, entre os diferentes datos biométricos, o que identifica
con maior precisión a unha persoa. David Arroyo, do grupo de Ciberseguridade e Protección
da Privacidade do CSIC, asevera que “se lle rouban o iris, ou mellor dito, o modelo
alfanumérico co que se almacena ese trazo biométrico, poden suplantar a súa identidade en
moitos lugares”.
Os sistemas biométricos e o tratamento dos datos persoais obtidos a partir dos mesmos
están evolucionando con enorme rapidez e obrigan a reforzar os mecanismos de protección.
Así, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) elaborou e publicou, a finais de 2023,
unha “Guía de tratamento e control de presencia mediante sistemas biométricos”
observando a necesidade de xestionar correctamente os riscos para os dereitos e liberdades
dos interesados.
Cando a tecnoloxía é quen de escanear o pensamento das persoas, o falar da mirada de
cada unha delas, as profundas dores de cada peito e, mesmo, o palpitar dos corazóns que
van tirando ao ritmo do marcapasos, non se poden negar os seus avances e non se poden
poñer límites ao desenvolvemento, que probablemente sexa maior cada vez que se fixe a
mirada, aínda que sexa con pudor.
Diante destes modos de identificación, poñendo na pantalla do ordenar a mirada, o sentir
da alma e da perna mala, a identidade acreditada polo carné recentemente renovado ou
polo pasaporte plastificado ten un valor relativamente inferior. A estatística e a tecnoloxía
sábeno ben e os cidadáns normais, os de traballo e salario, como di a Tía Manuela, “levan
gravada no iris a cor dos ollos e a bonhomía da xente de ben”. É suficiente!

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.