“Dani Alves abandona o cárcere previo o depósito dunha fianza dun millón de euros”. Antón Luaces

25 Marzo 2024

Que o exfutbolista brasileiro Dani Alves estea en liberdade baixo fianza, non sorprende a ninguén como consecuencia de tantas especulacións ao respecto. Este feito ven de producirse este luns, catorce meses dempois de ter ingresado no cárcere de Brians 2 e após depositar unha fianza dun millón de euros.

O que fora recoñecido xogador do F. C. Barcelona abandonou a prisión logo da condena a catro anos e medio de cárcere imposta por ter violado a unha muller nos baños do reservado dunha discoteca da  capital catalana o 30 de decembro de 2022.

En liberdade provisional, Alves tivo que facer fronte á fianza fixada pola sección 21 da Audiencia de Barcelona, co voto particular en contra dun dos maxistrados. Alves levaba en prisión preventiva dende o 20 de xaneiro de 2023 e a Fiscalía Provincial de Barcelona interpuxo un recurso de súplica contra a liberdade baixo fianza do exfutbolista, debido a que se manteñen os motivos polos que se adoptou a prisión provisoria do ex-xogador  vai un ano.

Dani Alves foi condenado como autor responsable dun delicto de agresión sexual a unha pena de catro anos e seis meses de cadea. Está obrigado a se presentar todos os venres (o día anterior, no caso de que o venres fora festivo) por sentenza da Sección 21, ata tanto non se revogue a medida citada, e deberá estar localizable. Non poderá abandonar o territorio español e ten prohibido comunicarse ou achegarse a menos de mil metros da vítima. Alves tardou case que unha semana en reunir o diñeiro. A cifra estipulada é unha das máis altas fixadas polos tribunais españois.

No auto, o Tribunal sinalou que “se declara bastante a fianza dun millón de euros e, en consecuencia, se admite a liberdade” do ex-barcelonista Alves, garante de que non vai fuxir.

A setenza foi recorrida tanto pola defensa de Alves -que durante o xuizo solicitara a súa absolución- como pola Fiscalía, que quere endurecer a pena. Estas apelacións poden ter unha resolución dentro de varios meses. A defensa do brasileiro pediu a liberdade provisional alegando que o seu defendido xa cumprira un cuarto da pena recibida, a instancia que o habilitaría, en caso de sentenza firme, a comezar a ter beneficios  penitenciarios.

Entre boa parte da sociedade española considérase que a liberdade concedida a Alves sería de moi difícil, senon imposible de aplicar,  de non se tratar dun condenado con moitas posibilidades económicas, o que fai que se espalle a idea de que só libran da prisión aqueles que dispoñen de máis poder económico. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.