Convocadas as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis

17 Marzo 2024

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame remata o venres 5 de abril.

As ditas solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderán presentarse de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade publicarase no Portal da Lingua Galega.

Pola súa parte, os exames, que terán lugar nos meses de maio e xuño, realizaranse  de forma presencial e simultánea en Santiago de Compostela, para os catro niveis, e en Ponferrada, para os niveis 2, 3 e 4. As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega. Unha vez realizados os exames, os resultados provisionais publicaranse no dito portal no prazo máximo de dous meses desde a súa realización.

Os certificados de lingua galega (Celga) poden obterse a través da superación destas probas que convoca periodicamente a Xunta de Galicia ou ben a través da validación de estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, na que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...