Concello, patronal (ABE) e centros locais de ensino impulsan o I Concurso de Carteis Somos Boiro

11 Marzo 2024

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) impulsan xunto cos centros de ensino do municipio a I edición do Concurso de Carteis escolares Somos Boiro.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, e o presidente da ABE, Daniel García, presentaron na mañá deste 11 de marzo os detalles da iniciativa xunto cos representantes dos equipos de dinamización da lingua dos centros de ensino.

Segundo sinalaron, este certame nace da iniciativa do grupo de traballo cos responsábeis dos equipos de dinamización da lingua galega, ten como finalidade “sensibilizar e fomentar no alumnado a importancia do consumo local así como a posta en valor da nosa contorna”. A temática do concurso terá que ver co consumo local e a posta en valor do noso patrimonio, a nosa lingua…, sinalaron, engadindo que “os oito traballos gañadores protagonizarán a campaña de potenciación do consumo local da ABE da primavera 2024”.

Poderá participar o alumando dos CEIP e IES do Concello de Boiro a partir dos 3 anos e estableceranse catro categorías. A categoría A será para os alumnos e alumnas de 3 a 6 anos; a categoría B para os de entre 7 e 9; a categoría C para aqueles que teñan entre 10 e 14 anos; e a categoría D para os maiores de 15 anos.

Respecto das bases, cada alumno/a poderá participar só cun cartel que poderá levar un lema en galego de técnica libre. Os centros de ensino facilitarán unha cartolina para facer o cartel e o prazo de presentación dos traballos iniciarase o 11 de marzo e finalizará o 1 de abril.

Finalizado o prazo de presentación dos traballos, o xurado, composto por un profesor/a de cada centros participante, un técnico do Concello de Boiro, a concelleira de Educación ou cultura, e un representante da ABE, elixirán os 8 traballos que terán como premio ser os protagonistas da campaña de promoción do consumo local da ABE na primavera 2024, aparecendo os carteis co nome dos autores e os centros de procedencia nas 45 pancartas que se colocarán na rúa peonil.

Ademais, cada autor/a gañador recibirá un Bono ABE por valor de 30 euros para empregar, sen caducidade, en calquera dos máis de 200 negocios asociados á ABE.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...