O actor, narrador, escrirtor e humorista galego Candido Pazó estará esta semana en Ribeira para ofrecer ao público local o seu novo espectáculo: Fala, fala. Será este venres 15, a partir das 21.15 no Auditorio Municipal.
O espectáculo, organizado polo Concello e a Deputación da Coruña, ofrécenos un feixe de historias, contos e lerias para, en palabras do autor, “seguir arrequecendo o tesouro que herdamos e debemos deixar en herdanza ás novas xeracións: a nosa fala”.




