“As rías galegas, importantes áreas de conservación para mamíferos mariños” – Antón Luaces

02 Marzo 2024

Dende os anos 50 so pasado século teño consciencia da presencia cotián de golfiños na ría de Arousa. 

Visibles perfectamente dende calquera punto de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo, tamén os habitantes da outra banda da mesma ría desfrutaban desa maxestosa “navegación” de familias enteiras de mamíferos mariños cuxa presencia na Arousa non  sempre foi ben acollida polos mariñeiros debido a que, segundo teño escoitado a dorneiros e racús, a máis de espantar peixes como o trancho, a sardiña e moitas outras especies, comían delas ata fartar, o que repercutía negativamente na pesca.

Pois ben, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) -considerada a rede ambiental máis grande do mundo-  ven de recoñecer oficialmente as rías como unha área  importante de conservación para mamíferos mariños. Por este motivo, a costa galega pasa a formar parte da Rede Global de Áreas Importantes de Mamíferos Mariños (IMMA, polas súas siglas en inglés) feito que implica o seu valor para a poboación dos cetáceos que viven nela, como as candorcas e varias especies de golfiños e baleas.

Con este recoñecemento téntase atraer a atención dos responsables políticos para a toma de decisións coa fin de garantir a conservación destes animais en Galicia mediante medidas de xestión máis axeitadas.

A relevancia ecolóxica para a conservación dos golfiños de nariz de botella comúns  (Tursiops Truncatus) queda exposta na plataforma xa citada, que concede a  categoría IMMA ás rías galegas. Este tipo de golfiño común nas rías con “fortes asociacións de grupos, agregacións inusualmente grandes e patróns estacionais que reflicten a dependencia das poboacións dos hábitats únicos proporcionados por estas enseadas e baías costeiras”, cos golfiños recentemente nados e as femias lactantes, atopan no ecosistema da rías un lugar perfecto para  vivir, grazas ás zonas de alimentación produtivas ao longo de todo o ano.

Dende o Instituto de Investigación do Delfín Mular (BDRI), o ano pasado un grupo de expertos estudou as áreas importantes de conservación para o Océano Atlántico. Os seus estudos contribuíron á designación do IMMA ao longo de toda a Península Ibérica , o que implica o recoñecemento da biodiversidade por algunhas características particulares. 

Unha destas características recoñece que as rías galegas máis grandes -incluídas as de Arousa, Vigo, Pontevedra e Ares-Betanzos- son lugares clave para estas especies de cetáceos mariños, cun avistamento promedio na Ría de Arousa de 1,4 por hora.

Dende o BDRI apuntan as particularidades destes golfiños como parte integrante das nosas rías. Xa en enciclopedias de 1.700 aparece a súa relevancia. A declaración está avaliada por científicos que dan importancia ás rías galegas, o que reforza a idea da necesidade de protexer a biodiversidade.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.