“As mulleres políticas padecen un impacto significativo, de carácter machista”. Antón Luaces

05 Marzo 2024


O venres, oito de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. E cadrando con esta celebración, un equipo da Universidade da Coruña (UDC) ven de publicar un estudo que pon de manifesto a importante incidencia da hostilidade dixital contra as persoas que desempeñan cargos de represetación política, así como as connotacións machistas destes ataques.

Hai, de feito, un  nesgo de xénero deste tipo de violencias que o traballo desta investigación pon de manifesto e que, segundo unha publicación de gCiencia (dependente da Universidade de Vigo) afecta a un 21,6% das mulleres políticas participantes no traballo, que sufriron acoso sexual nas redes sociais, fronte ao 6,9% dos varóns. Asemade as políticas participantes tenden a identificar os agresores como homes, mentres que os políticos (varóns) sinalan  a mulleres e homes en idéntica proporción.

Alén do nesgo de xénero, “tanto na manifestación das violencias como nas persoas que as exercen, cando se indaga  sobre as motivacións existentes detrás destes ataques, as persoas integrantes das cámaras de representación sinalan fundamentalmente cuestións de tipo político”.

Ideoloxía (60,6%), partido de pertenza (57,5%) ou posicionamento (39,4%) teñen máis peso ca outros factores como o xénero, que supón un 11,9% das respostas, case todas elas de mulleres.

Os datos dados a coñecer non fan máis que constatar un feito que resulta evidente no diario descorrer: en termos xerais, o acoso dixital máis común é a recepción de mensaxes “odiosas”, que van dende os insultos aos comentarios denigrantes (o 21,9% dos homes e o 34,8% das mulleres que participaron sinalan ter sido obxecto deste tipo de violencias).

Máis de douscentos integrantes do Congreso, Senado e  Cámaras autonómicas participaron na devandita investigación, que constatou que o 81,3% de representantes experimentou algunha situación hostil nas redes sociais; o 48,3% no último mes. Outras formas màis organizadas de acoso, como campañas de desprestixio ou a difusión de información falsa, tamén están presentes na contorna dixital política.

As entrevistas foron 25, a outras tantas mulleres políticas de diversos partidos e ámbitos de actuación, que puxeron de manifesto a súa preocupación pola hostilidade que reciben nas redes sociais así como a impunidade dos agresores, violencia que a maiorìa delas identifican en liña como diferente á que enfrontan os seus colegas varóns, o que ten un impacto significativo na saúde mental das mulleres políticas. Moitas delas subliñan situacións de ansiedade, cansazo e estrés que, para a maioría, supoñen un alicerce para seguir loitando.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...