Arde a planta baixa dunha vivenda en Ribeira debido a unha cheminea de leña

27 Marzo 2024

Por sorte, ningunha persoa resultou afectada neste lume que se produciu nunha vivenda da rúa do Porto Novo.

O alertador, que contactou co 112 Galicia cinco minutos despois das 21:30 horas, era un dos ocupantes do inmoble afectado. Durante a chamada indicou que o lume puido comezar nunha estufa e que tanto el como o resto de persoas que estaban no interior abandonaran a vivenda ilesos.

Os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, ao Grupo de Atención ás Emerxencias Municipal (GAEM), á Policía Nacional e Local e aos voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ribeirense.

Pasadas as 22:45 horas, os equipos de extinción deron por controlado o lume e procederon coas tarefas de ventilación. A continuación, comunicaron os danos materiais rexistrados: ardeu por completo a planta baixa, na que había almacenados mobles e diversos colchóns.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Ribeira e Boiro veñen de extinguir un incendio en vivenda de Castiñeiras no Concello de Ribeira. Colaboran GAEM e Policía Local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.