Aberto en Rianxo o prazo para inscribirnos na Aula de Canto municipal

22 Marzo 2024

O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura e Educación de Rianxo, Julio Alcalde, informou de que xa está aberto o prazo para participar na Aula de Canto das Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo do Concello.

A actividade desenvolverase os días: 2,16, 23 e 30 de abril; 7, 14, 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño.

Quen precise máis información e formalizar as inscricións pode facelo na web municipal.

O obxectivo da Aula de Canto é “fomentar o convivio musical entre as persoas asistentes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, mostrando aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo”.

A aula está destinada a persoas maiores de 50 anos, cun máximo 20 participantes.

A encargada de impartir os contidos será a soprano, formadora e divulgadora noiesa Esperanza Mara Filgueira.

O horario será de 16.00 a 18.00 no Centro Sociocultural-Auditorio (aula do 1º andar). O prazo de matrícula estará aberto até o 28 deste mes ás 14.00 horas. Trátase dunha actividade de balde.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...