A RAG presenta este venres en Muros o volume da colección “Terra Nomeada” sobre a toponimia do concello

12 Marzo 2024

O autor é profesor de latín e grego no IES Fontexería de Muros, dende o que vén realizando un amplo labor de divulgación sobre os nomes de lugar do municipio. Nesta obra afonda na orixe e no significado dos 105 nomes da toponimia maior de Muros e en sete máis pertencentes á toponimia menor.

A antiga fábrica de Sel acollerá o vindeiro venres 15 de marzo (19:30 horas) a presentación de Toponimia de Muros, un novo volume da colección Terra Nomeada asinado por Alfonso Blanco Quintela.

No acto, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, Alfonso Blanco estará acompañado na mesa da presentación polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Onomástica da RAG, Antón Santamarina; a presidenta da Asociación Galega de Onomástica e académica correspondente Luz Méndez; o vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo; e a alcaldesa de Muros, María Lago Lestón.

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia. O volume dedicado a Muros sae do prelo co apoio económico da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.