A Pobra activa en abril un itinerario formativo centrado nas competencias dixitais

11 Marzo 2024

O Concello da Pobra, a través da Concellería de Mocidade que dirixe Eloy Sobrido, vai activar en abril un itinerario formativo de competencias dixitais con dúas accións tecnolóxicas programadas. “Contamos cun equipamento innovador como por exemplo as impresoras 3D, cuxas posibilidades queremos achegar á cidadanía mediante novas propostas que redunden nunha maior capacitación dixital”, precisou Sobrido.

En palabras do edil, esta medida busca “seguir traballando no impulso da Casa da Mocidade para que, pouco a pouco, acabe por converterse nun espazo de encontro para a xente máis nova da nosa localidade, ben sexa a través de actividades de lecer ou doutras de natureza formativa”.

O obradoiro de deseño e impresión 3D, cunha duración total de 8 horas, impartirase nos martes, no horario da mañá (de 10.30 a 12.30 horas) ou da tarde (17.30 a 19.30 horas) en función da opción con maior demanda. Está dirixido a tódalas idades.

Tamén se ofrece un curso de competencias dixitais básicas, de 30 horas. Desenvolverase ós luns, de 19.00 a 20.30 horas, e ós sábados, dende as 11.00 ata as 12.30 horas. Oriéntase a persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

Ámbalas accións son de balde. As prazas son limitadas, polo cal se require a inscrición previa obrigatoria a través do enderezo electrónico mocidade@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981843281.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.