No marco do Día Internacional da Muller (este 8M), o Complexo Deportivo da Piscina Municipal de Porto de Son vai acoller unha exposición sobre muller e deporte, até o vindeiro 9 de marzo. A mostra pon o foco nas importantes contribucións femininas ao ámbito do deporte nas súas diferentes disciplinas.
“Pretendemos que os nenos e nenas sexan conscientes da participación das mulleres no deporte, e que non só os modelos masculinos poden ser un modelo a seguir; que descubran novas figuras de deportistas e que mesmo poidan ser unha fonte de inspiración para as crianzas”, explican dende a organización da mostra (SOOM Management en colaboración co Concello de Porto do Son, ao abeiro das actividades do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero) .
Ademais, durante esta semana, nos cursos de natación infantís o persoal responsábel do complexo deportivo traballará cos nenos e coas nenas, con diversas actividades, nesta liña de sensibilización sobre a igualdade e a necesidade de botar abaixo prexuízos e ideas preconcibidas que derivan do machismo no deporte.
Do 4 ao 9 de MARZO
C.D. Piscina Municipal de Porto do Son