“A historia marítima de Galicia ten pegadas baleeiras” – Antón Luaces

31 Marzo 2024

Un ten anos e ten vívidas experiencias mariñeiras sen nunca ter sido mariñeiro (aínda que algún houbo e hai na familia, tanto na mercante como na pesca, e de todos eles e de moitos outros, amigos, sempre aprendín). Talvez sexa por todo isto que sinto un especial respecto polo mar e os seres que del e por el, viven.

Urbano Lugrís foi un namorado do mar e pintor de baleas nunha terra, Malpica, que acubillou historias baleeiras que aínda hoxe resoan nas súas rúas silandeiras. Tamén, aínda que en moita menor medida, o fixo Cariño, onde se despezou máis dun deses xigantes do mar. 

Máis Prior, San Cibrao, Bares, Caión, Morás, Cangas e Rinlo contribuíron decisivamente a dar sona de portos baleeiros a un país, Galicia, que centrou finalmente esa actividade en Caneliñas (Cee) todo un referente na caza e despeze de baleas ata que, no ano 1985, entrou en vigor unha moratoria que afectou a empresas, tripulantes de buques, pobos e vilas e, obviamente, permitiu a recuperación -non total, nen moito menos- da especie. Da non  máis ampla recuperación dese mamífero mariño encargáronse Rusia, Noruega e Xapón (nomeadamente estes dous últimos países, que obviaron as prohibicións emanadas da Comisión Baleeira Internacional (CBI) facendo caso omiso de canto esta ditaba).

O rorcual común foi o máis cazado en augas próximas a Galicia. E dende 1985 non houbo graxa nen carne de balea con orixe na hoxe comunidade autónoma de Galicia.

Como é sobradamente coñecido, a balea é o maior animal vivo no planeta Terra. Máis tamén se pode engadir que son as gardiáns dos océanos. Amáis disto, xogan un papel clave

no equilibrio do mesmo planeta: unha soa balea almacena tanto carbono como milleiros de árbores e ven ser un xigantesco aliado contra o cambio climático.

O malo é que, malia os pasos dados na percura da súa recuperación, seguen a estar en perigo.

Nas súas longas, longuísimas migracións, lémbranos WWF, “as baleas teñen que sobrevivir a múltiples ameazas mentres comen, se aparean, paren ou amamantan ás súas crías”.

A causa dos impactos da pesca, as colisións con barcos, a contaminación química, acústica e por plásticos, a perda de hábitat e o cambio climático, se producen consecuencias desastrosas para estes xigantes mariños. Só o enliado nas artes de pesca abandonadas no mar mata cada ano a unhas 30.000 baleas, golfiños e toniñas.

Como resultado deste perigoso cóctel de ameazas, seis das trece grandes especies de baleas están clasificadas como vulnerables ou en perigo na listaxe vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).

O obxectivo actual radica en protexer os corredores azuis que máis de 50 grupos de investigadores analizan como rutas migratorias de 845 baleas, seguidas por GPS satelital durante os últimos 30 anos.

En España non  somos alleos a esta obriga: zonas claves coma o Corredor Migratorio de Cetáceos do  Mediterráneo ou das augas orientais de Lanzarote e Fuerteventura (nos últimos anos tamén se localizan fronte ás costas galegas) así o evidencian. Polo tanto, protexer estes corredores azuis debe axudarnos a coidalas e a frear o cambio climático.

As baleas poden ser consideradas superheroínas na loita contra da  crise climática: algunhas viven máis de 100 anos e almacenan ata 33 toneladas de CO2. Cando morren afúndense e permañecen como “carbono azul”, coas súas feces fertilizan o fitoplacnton e, nas súas esgotadoras migracións, axitan as columnas de  nutrintes que aproveitan estes microorganismos frotantes para almacenar catro veces máis carbono que todas as árbores da Amazonía xuntas. 

E, aínda que pareza egoísta, só por isto que non podemos perdelas. Estamos a tempo de asegurar o futuro dos grandes colosos deste marabilloso planeta.

Con elas nel, o mar ofrécenos máis e mellor vida.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.