A Deputación e FRUGA realizarán un estudo sobre franxas de biomasa forestal nos montes veciñais de man común de Barbanza

12 Marzo 2024

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o coordinador da Federación Rural Galega (FRUGA), Manuel Dacal Vázquez, e a deputada responsábel da área de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, asinaron este 12 de marzo un convenio para o financiamento dun proxecto que avaliará a viabilidade económica, social e ambiental das franxas da biomasa forestal nos Montes Veciñais en Man Común das comarcas do Barbanza e da Costa da Morte na Provincia da Coruña.

O orzamento total deste proxecto ascende a 60.042 euros, dos que a Deputación achega 48.000 euros, o que supón o 80 % da actuación.

“O obxectivo deste estudo é o de establecer medidas de apoio ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común para acadar un maior coñecemento das posibles viabilidades económicas, sociais e medioambientais da xestión da biomasa forestal, naquelas superficies dos seus montes nas que é necesario establecer faixas de protección de carácter social, como é a prevención e a loita contra os incendios forestais”, explicou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

A Federación Rural Galega ten como finalidade principal a defensa dos intereses das asociacións vinculadas ao medio rural galego e asociadas ás mesmas así como tamén a información, a formación, a investigación e a transferencia de coñecementos en actividades relacionadas co rural galego, en calquera das súas formas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.