A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros a 128 clubs deportivos que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

26 Marzo 2024

A Deputación da Coruña destina 1.012.078 euros a apoiar os clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional. Entre os beneficiarios están varios clubs da comarca.

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 128 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. Outras sete axudas, por importe de 34.098 euros, están condicionadas á achega de documentación complementaria.

Entre as subvencións de maior importe destacan as do Club Viaxes Amarelle de fútbol sala feminino (37.005 euros), que participan na primeira división nacional, a Escola Basket Xiria (30.865 euros) e o Club Baloncesto Culleredo (30.865 euros) que participan na Liga EBA de baloncesto, a S.D. Compostela (25.339 euros), que participa na 2ª división RFEF masculina ou O Parrulo Fútbol Sala (23.190 euros), que participa na 2ª división da liga de fútbol sala.

O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte nacional”.

As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/03/26/2024_0000002046.pdf

A Deputación da Coruña destina 1.012.078 euros a apoiar os clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.