A ANPA Caramecheiro do IES Nº 1 de Ribeira desenvolve en abril e maio un programa de actividades participativas para previr o acoso escolar

19 Marzo 2024

Co obxectivo de sensibilizar á mocidade (e ás nais e pais) sobre convivencia nas aulas, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira creou un programa de carácter anual centrado no alumnado máis novo do centro educativo, o de 1º da ESO, coa intención de educar dun xeito temperá sobre o que é o acoso escolar, como previlo, detectalo e actuar ante el. O obxectivo concreto é “axudar aos estudantes a adaptarse a unha nova etapa na súa vida e que saiban elixir condutas de respecto mutuo que favorezan unha convivencia positiva”.

Neste curso 2023/24 a volta das vacacións de Semana Santa, a axenda de actividades do programa comezará cunha formación dirixida aos docentes e ás familias. Porase o foco nas nenas e nenos de 1º da ESO. Será o xoves 4 abril ás 18:30h no salón de actos do IES N1.

Á semana seguinte comezará a formación do alumnado. Todos e todas recibirán catro sesións (unha semanais) dunha hora de duración cada unha, onde identificarán os diferentes roles dentro da súa propia aula (vítima, acosador/a, cómplices, observadores/as…). Segundo explica a ANPA, “entre outras metodoloxías empregarán técnicas de dramatización e escenificación… sentirán como empoderarse co rol activo, establecerán estratexias e coñecerán un decálogo de medidas para unha convivencia positiva na aula”.

Finalmente, recibirán unha última sesión de control pasadas unhas semanas para avaliar o dito decálogo de medidas e se conseguiron ou non o seu obxectivo de convivencia en positivo.

En anos vindeiros, a ANPA ten intención de ampliar este programa formativo con máis actividades neste eido, como por exemplo, empregar o Teatro Foro para previr o acoso escolar, deseñar unha campaña de divulgación en redes sociais e a creación de axentes de convivencia no centro.

A ANPA sinala que tentará que estas actividades sexan subvencionadas pola Deputación da Coruña grazas as axudas que esta entidade destina para a realización de actividades por parte das asociacións de nais e pais dos centros educativos públicos. “Agardamos que ano tras ano, este programa, xunto co Programa de Cultura Dixital e o de Educación Emocional, que tamén iniciamos este curso dende a ANPA, permita mellorar a situación actual e reducir o Acoso escolar no noso centro educativo”, sinala a asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.