“Villa de Pitanxo: 21 mariñeiros mortos e irregularidades non denunciadas” – Antón Luaces

05 Febreiro 2024

Os derradeiros días do buque marinense “Villa de Pitanxo”, ao igual que as súas derradeiras horas, son unha incógnita que debe ser despexada para tranquilidade das familias dos 21 mariñeiros finados na mencida do 15 de febreiro de 2022 en augas de Terranova. Ao mesmo tempo, ha servir para que se despexen as moitas dúbidas existentes en relación co propio barco e o seu funcionamento como empresa na que prestaban servizo 24 homes. Unha empresa cuxa actividade se desenvolvía, obviamente, no mar, e este non da tregua e, menos aínda, nun caladoiro das características especiais que reúne -para ben e para mal- o de Terranova, onde moitos mariñeiros galegos pagaron coas súas vidas as moitas toneladas de peixe aquí capturadas ao longo de anos e anos de exercicio dunha das profesións máis perigosas: mariñeiro-pescador.

O despacho do “Villa de Pitanxo” foi irregular, segundo se desprende das informacións facilitadas a este xornal e que poden ser constatadas na capitanía marítima de Vigo.

O barco chegou a Marín pouco antes da data do accidente. Foi ao carro para reparar e a capitanía marítima de Vigo fixo a revisión regulamentaria e esixiu certificados que permitiran ao barco desenvolver sen ningunha dificultade o seu labor. Os armadores “superan” estas probas regulamentarias e os seus responsables alegan que se dirixen a pescar en augas de NAFO, sen outras especificacións. Non o fixo así. A bordo van dous empregados do taller que realizou as reparacións ás que o “Villa de Pitanxo” fora sometido. Obviamente estes dous homes non estaban enrolados. O seu traballo tería que ver coa resposta que o buque daba ás reparacións ou reformas nel realizadas por se, supostamente, tiveran que intervir nas manobras. Capitanía Marítima ignoraba este feito. Días antes, algúns dos tripulantes afirmaran que retornarían a Vigo en pouco tempo, sen especificar os motivos. 

Control de Salvamento Marítimo si se percata desas irregularidades e de que o “Villa de Pitanxo” non cumpre co establecido. O pesqueiro volve, efectivamente, a porto, e os armadores despáchano novamente. Desta vez, sen problemas.

Pero o barco ten eivas que debe solventar: non  pode navegar a zona de bolos nin levar carga sobre a cuberta. Concretamente, non pode levar peso excesivo sobre cuberta porque o mesmo podería alterar o centro de gravidade do buque, reducindo a súa estabilidade. O “Villa de Pitanxo”, segundo testemuño facilitado por un profesional do mar que tivo altas responsabilidades administrativas e políticas relacionadas coa seguridade a bordo dos barcos, ía ateigado de aparellos sobre a cuberta cando saíu de Vigo rumbo a Terranova.  

E seguiría así cando o 15 de febreiro de 2022 naufragou?.

As imaxes do pecio non evidencian esa suposta sobrecarga. 

Ben é certo que tampouco se facilita unha visión nidia total da cuberta. O patrón e os dous tripulantes sobreviventes do naufraxio poderían ratificar ou desmentir tal cousa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...