Cando estaban a piques de ser as 13:00 horas, un particular alertou aos xestores do 112-Galicia dun accidente no que se viron involucrados tres turismos na AC-550 na parroquia de Noal, Porto do Son.
Segundo a información recollida polos xestores do 112 Galicia, era necesaria a intervención do persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido a que había persoas feridas, aínda que estaban todas accesibles e liberadas.
Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Ribeira, ao GES de Noia, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Con todo, os medios desprazados confirman ao 112 Galicia que o accidente produciuse entre 3 vehículos e houbo un total de 2 persoas trasladadas ao Hospital do Barbanza.




