“Un pañol con colchonetas para a tripulación con COVID” – Antón Luaces

06 Febreiro 2024

Todo fai cavilar na posibilidade de que o pesqueiro de Marín “Villa de Pitanxo” non dispuxera das condicións mínimas de habitabilidade, entre outras anomalías que puideran non facer moi agradable a vida a bordo. Non levou a cabo, supostamente, exercicios que se entenden como indispensables para a seguridade a bordo e outros, como os de abandono de buque, máis que  esixidos polas autoridades e agora reclamados por antigos compañeiros e familiares dos tripulantes mortos no afundimento en  Terranova do barco de Marín.

Algúns dos  certificados esixidos após as reformas ás que foi sometido o barco estaban caducados, informan fontes competentes a O Barbanza; a lista de tripulantes ou rol podería ser asimesmo irregular e foi cerrada días antes do afundimento; non se sabe onde fixo a revisión previa á saída e se podía garantir debidamente a estadía a bordo dos tripulantes. Houbo problemas co COVID, motivo polo que se procedeu a habilitar o pañol -como se citaba anteriormente- para acoller as colchonetas nas que os afectados -nove polo menos- trataban de se recuperar da pandemia.

No que atinxe ao devandito “embarre”, moitas e variadas son as opinións ao respecto. Para un veterano capitán, consultado por este xornal, “embarrar é doado, mais non está nada claro que tal embarre se producira. Sobre todo polas características específicas da zona no que o “Villa de Pitanxo” faenaba cando se produciu o naufraxio. Se houbera embarre compre falar de serias  dificultades sobrevidas e sempre manobras arriscadas”. 

Algúns datos relacionados con este feito podería facilitalos a caixa azul, que determinaría os movementos efectuados polo buque. Tamén o sistema AIS ten moito que dicir a este respecto, pola súa función de control do buque debido a que, como é sabido, marca cada poucos minutos a posición, rumbo e velocidade do barco, determinantes para sinalar con case que total exactitude se o “Villa de Pitanxo” embarrou ou non. Estímase que a velocidade dos peixes, entre 3 e 3,5 nós sería, aproximadamente, a que desenvolvera o pesqueiro adaptándose deste xeito para realizar sen problemas as faenas de pesca.

Outros artigos

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.