“Un 28 de febreiro orfo para don Álvaro Cunqueiro”. Antón Luaces

25 Febreiro 2024

O mércores, 28 de febreiro, van cumprirse 43 anos do pasamento en Vigo do xornalista, escritor e poeta Álvaro Patricio Cunqueiro Mora, un dos máis grandes autores da literatura galega e española do século pasado. Os seus restos fican no vello cimeterio mindoniense onde, o pasado sábado, a auga da choiva varría cara Os Muíños os restos da longa seca que afectou a Galicia enteira.

Xunto con integrantes da Polifónica Coruñesa Canticorum (que levaron a Mondoñedo, antiga capital de Galicia, os seus cantos) e orientados por Rafa e a súa dona, Mercedes, percorrimos polas súas vellas rúas parte desta Galicia feita en boa medida por Álvaro Cunqueiro, fabulador, home de mitos, deseñador de paisaxes cèlticos e ondas de fascinantes illas ás que o vello Simbad retornou

este choviñento sábado para botar con todos nós e con xente de aquí e de acolá, unha partida de soños na que tamén estaban os feirantes que un día acoderan ás San Lucas da man de Don Hamlet e Merlín. Entre os dous, pecharon os ollos a un Cunqueiro que non cansa de ollar dende a súa atalaia as súa casda natal e a inmensidade mística da catedral en cuxo adro retumbara un día (3 de outubro de 1483) os “credo, credo, credo” da cabeza do mariscal Pardo de Cela, decapitado por orde dos Reis Católicos.

Na ponte do Pasatempo, o Merlín de Cunqueiro  debuxou un arco da vella que indicaba aos viaxeiros de Canticorum o  camiño da verdade entre o pechado seminario “facedor de curas” e o convento de clausura con torno de mil historias de ovos e doces e petiscos, na santa compaña das pantasmas do pazo que “chamaban” o carro tirado por  burros que trasladaban o que do mariscal quedaba ata o sartego de seu pai.

Contóumo polo baixiño o propio don Álvaro Cunqueiro, por cuxo corpo de bronce esvaraba a choiva ao tempo que, cun sorriso unn tanto forzado, facía o convite para que me achegara á súa cadeira e mirara de fronte a catedral basílica da Asunción de Santa María que, afirmou, garda tesouros de tanta importancia como o rosetón e a sillería tallada en madeira de Nogueira ou as pinturas que representan a degolación dos Inocentes.

Acomodou don Álvario o libro que tiña na man, preguntou como ía o Celta na Ligha e chiscou un ollo porque xa se achegaban ao seu monumento un grupo de integrantes de Canticorum que, posteriormente, abrirían o seu concerto co “Aleluia” de Leonard Cohen baixo a dirección de Pablo M. Carreira.

Foi un motivo máis para estar en Mondoñedo: un día de chuvieiras, relativamente frío, e coñecer o coro da Escola de Música, entre cuxos compoñentes estaba una cativiña de oito anos que, partitura na man, afrontaba o reto dun concerto con maiores que podiamos ser os seus avós ou bisavós.

Don Álvaro Cunqueiro marcou dende a praza da catedral mindoniense este concerto de reencontro após anos sen nos ver. E con recendos de tarta en toda a praza.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...