“Todo a punto en Francia para que París sexa unha outra vez espello olímpico mundial”. Antón Luaces

26 Febreiro 2024

Os Xogos da XXV Olimpiada (Xogos Olímpicos de Barcelona) vivíronse en España entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1982. Barcelona acolleu este evento multideportivo internacional no que tomaron parte 9.356 atletas -6.652 homes e 2.704 mulleres- de 169 comités nacionais doutros tantos países, baixo o lema “Amigos para sempre”.

O estadio olímpico de Montjuic acolleu a cerimonia inaugural na que o medallista paralímpico madrileño de tiro con arco adaptado, Antonio Rebollo Liñán, prendeu a chama olímpìca disparando unha frecha acesa sobre o pebetero (caldeiro) olímpico. Unha xornada inesquecible, como o foi tamén o desenvolvemento xeral dos xogos, nomeadamente para España, clasificada en sesto posto ao acadar 22 preseas: 13 de ouro, 7 de prata e 2 de bronce. Participaron nesta cita olímpica, representando a España, 430 deportistas en 25 deportes.

Dentro de 50 días, exactamente o 16 de abril de 2024, será acendida en Olimpia polo campión olímpico grego Stefanos Ntoúskos o facho olímpico, un dos símbolos máis firmes en  calquera dos xogos olímpicos.

Serán arredor dos 600 os portadores do facho olímpico que, ao longo de máis de 5.000 quilòmetros -dende Meteora a Kastellerizo e de Delfos a Santorini- chegará a Atenas o 26 de abril. Os derradeiros portadores do facho grego serán os xogadores da seleción nacional de waterpolo, medallista de prata olímpica en Tokio 2021.

Será ese 16 de abril cando se acenda de novo a chama olímpica en Olimpia. Após varias semanas en Grecia e no mar, a bordo do  Belem, desembarcará en Marsella o 8 de maio para comezar a súa andaina por territorio francés.

Dende este 8 de maio, 10.000 exploradores franceses portarán o símbolo olímpico durante 68 días ao longo de máis de 12.000 quilómetros, percorrendo máis de 60 departamentos e territorios galos. 65 municipios servirán como cidades de escala e vanse cruzar máis de 400, moitos deles con  lugares patrimoniais como Montmartre, a cova de Lascaux ou Mont-Saint-Michel.

A chegada a Marsella será unha ocasión espectacular. Un desfile de embarcacións de todos os tamaños -dende kayaks ata veleiros- e unha gran festa popular no porto materializada por una pista de atletismo. Alí acenderán o primeiro caldeiro cuns portadores de chamas. E a partir de aquí, Parìs vivirá os seus terceiros xogos olímpicos. Queda moito por facer e máis aínda do que falar a respecto das olimpiadas francesas nas que, oxalá, o selecionado español poda “falar” alto e claro.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.