Suspéndese a animación de rúa do venres e sábado de Entroido da Pobra por mor do mal tempo

09 Febreiro 2024

O mal tempo do 9 e 10 de febreiro obriga a suspender a animación de rúa ao abeiro da axenda do Entroido da Pobra do Caramiñal, segundo vén de informar o Concello.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explicou que se manteñen as festas de disfraces previstas para esas xornadas, ao igual que a festa infantil do domingo 11, pois na praza Alcalde Segundo Durán habilitarase un toldo, se ben os espectáculos de rúa non se poden desenvolver alí debido ao seu carácter itinerante.

Inicialmente e á espera da evolución meteorolóxica dos vindeiros días, o desfile do Entroido no martes 13, o enterro do Felipiño do Maño no sábado 17 e o domingo de Piñata do día 18 continúan segundo a programación.

Outros artigos

A serie Ágata y Lola chega á Mostra de Curtas Vila de Noia

Este venres 13 de novembro, ás 20:30 h, o Liceo de Noia acollerá unha proxección especial da serie de Atresmedia Ágata y Lola, dentro da programación da XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia. As entradas entregaranse este xoves 12 de 18:30 a 20:30 h e tamén ao remate da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

Me gustaría, que las palabras fuesen sonoras, es decir que no las pronuncies con tu voz, que las lean tus ojos, y ellas explosionen como un parto y salgan a la vida, que sean sonoras, que hablen, que te hablen a ti en exclusiva. En el silencio se reflejan en tus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.