Solidariedade Galega co Pobo Saharauí realizará charlas informativas no Barbanza para dar a coñecer o programa Vacacións en Paz 2024

28 Febreiro 2024

Sogaps busca novas familias acolledoras no Barbanza.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís en familias, durante os meses de xullo e agosto, que en Galiciandesenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), en colaboración co goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Estes nenos/as viven nos campamentos de refuxiados situados, en Tindouf, no deserto do Sáhara, en Alxeria. A súa vida transcorre en duras condicións,nprivados do máis elemental e sobrevivindo grazas á axuda internacional.
Vacacións en Paz permítelles abandonar o deserto nos meses de máis altasntemperaturas, que poden chegar ata os 50o, realizar revisións médicas,nrecibir unha alimentación rica e variada e descubrir unha cultura diferente.
Sogaps desenvolverá na comarca tres charlas informativas para dar ancoñecer o proxecto e conseguir novas familias acolledoras no Barbanza,nunha comarca na que hai longa tradición de acollemento de nenos e nenas saharauís.
As charlas programadas desenvolveranse en Ribeira, o venres 1 de marzo no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19:30 horas, en Rianxo o sábado 2 de marzo na Aula Activa do Mar ás 12:00 horas e en Boiro o sábado 9 de marzo ás 17:00 no Centro Social.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.