Sete establecementos de Ribeira ofrecen este venres o “Caldo de Groria” en homenaxe a Rosalía

22 Febreiro 2024

Este venres 23 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, sete establecementos hostaleiros de Ribeira brindarannos a posibilidade de degustar un Caldo de Groria, xoia gastronómica reivindicada pola poeta de Padrón nos seus escritos. A listaxe de establecementos de Santa Uxía que se unen á celebración está formada polos seguintes locais: Recoveira, Cocoluche, Castelao, Plaza, Esmorga, Golimbreo e Pedra Pateira. O Caldo de Groria está inspirado no poema Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Máis actividades en Ribeira

Ademais da degustación do caldo, o Concello de Ribeira vai celebrar as seguintes actividades con motivo deste 23 de febreiro:

· Rosalía de Castro na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. Cada persoa usuaria recibirá o agasallo dun libro e unha flor.

· Celebración no Auditorio Municipal para alumnado de Primaria.
Alborada! Música na honra de Rosalía con Ánxela Vidal Trabada, gaita e Sabela Galbán, frauta. No Conservatorio Profesional de Música Enrique Paisal.
Recital poético a cargo do alumnado do Conservatorio.
Como chove miudiño. Espectáculo de narración oral de Soledad Felloza
O público levará un recordo agasallo da Fundación Rosalía de Castro.

· Lectura pública dos versos de Rosalía de Castro ás 20.30 h na sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas. Micro aberto para toda a cidadanía que desexe homenaxear a Rosalía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.