SEA posibilitou a creación dun milleiro de postos de traballo durante 2023

28 Febreiro 2024

O exercicio de 2023 foi “excelente” para a Sociedade Empresarial do Atlántico (SEA), entidade encargada de xestionar algúns dos principais polígonos da nosa comarca, como o de Rianxo, o da Pobra ou de Muros. Así o asegurou Beatriz Sestayo, xerente da
empresa pública que depende do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, a través de SEPES, que presentou a memoria do pasado exercicio coa satisfacción de cumprir os obxectivos previstos. Segundo lembrou, quince novas compañías iniciaron os trámites para instalarse nos polígonos da Laracha, Rábade, Vimianzo, Monforte, Vilanova, Catoira, Cee, Muros e Mondoñedo. Todos xestionados por SEA.

Ademais, os parques empresariais de Rábade, Rianxo e Monforte ocupáronse na súa totalidade durante o último exercicio, sumándose ao da Pobra do Caramiñal que xa esgotara a súa superficie dispoñíbel en 2022.

Ademais, sinalou Sestayo, novas actuacións como a modificación de chan nos parques empresariais da Laracha ou Vilanova, cuxas xestións se executaron tamén en 2023, permitirán a instalación nesas superficies a todo tipo de empresas.

Xerador de emprego
Con todo, un dos logros que máis valoran desde SEA é a súa capacidade para seguir xerando emprego. As actuacións nas que participou durante 2023 supoñerán a creación duns mil postos de traballo, sobre todo en sectores produtivos como as empresas conserveiras e do mar, ou a construción. Sestayo indicou que “prestamos unha atención moi especial á creación de emprego feminino, porque seguimos observando que nas empresas hai unha altísima presenza de homes nos postos directivos, mentres que as mulleres seguen sendo man de obra en sectores tradicionalmente feminizados como o conserveiro. Con todo, van accedendo aos poucos a postos na industria pesada ou o deseño industrial”.

Sinerxías entre empresas
A especialización dalgúns polígonos como o de Rábade (maioritariamente ocupado por empresas do sector do transporte e a loxística) ou o de Rianxo (máis orientado ao sector conserveiro e do mar) permiten a creación de sinerxías en sectores que
benefician as actividades e relacións entre empresas instaladas nos mesmos polígonos ou en áreas próximas, sinalou a xerente de SEA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...