Ribeira honra a Rosalía con agasallos na Biblioteca, música no Auditorio, gastronomía (“Caldo de Groria”) e unha lectura pública

20 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira vai celebrar cun completo programa de actividades o Día de Rosalía de Castro, este venres 23 de febreiro. Esta é a listaxe de accións conmemorativas que preparou a Área de Cultura:

· Rosalía de Castro na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. Cada persoa usuaria recibirá o agasallo dun libro e unha flor.

· Celebración no Auditorio Municipal para alumnado de Primaria.
Alborada! Música na honra de Rosalía con Ánxela Vidal Trabada, gaita e Sabela Galbán, frauta. No Conservatorio Profesional de Música Enrique Paisal.
Recital poético a cargo do alumnado do Conservatorio.
Como chove miudiño. Espectáculo de narración oral de Soledad Felloza
O público levará un recordo agasallo da Fundación Rosalía de Castro.

· Caldo de Groria. Establecementos de hostalería de Ribeira celebran a Rosalía co Caldo de Groria na honra de Rosalía.

· Lectura pública dos versos de Rosalía de Castro ás 20.30 h na sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas. Micro aberto para toda a cidadanía que desexe homenaxear a Rosalía.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.