Rianxo conmemora o 8M con coloquios, cinema, música en vivo e unha concentración da rapazada local na praza de Castelao

28 Febreiro 2024

A concelleira de Política Social de Rianxo, Ana Vidal, vén de facer pública a programación preparada co gallo do 8M, Día Internacional das Mulleres. Tal e como sinalou Vidal, a programación “xira en torno a tres eixos fundamentais: reivindicación, festa e saúde”. Os tres eixos incluirán actividades para públicos diversos.

A concelleira agradeceulle a colaboración ás entidades que, dunha maneira ou doutra, participan na programación: Mulleres Salgadas-Asociación Galega de Mulleres do Mar, a Asociación Festival Rock in Rian, o IES Félix Muriel, a Asociación Veciños Araño e a Comisión de Festas Do Araño.

A programación bota a andar o vindeiro sábado 2 de marzo cun coloquio con Mulleres Salgadas, unha charla protagonizada por cinco mulleres que traballaron toda a súa vida no mar. Será ás 11:30h no Cuartel Vello.

A axenda prosegue o 5 de marzo cunha charla sobre solo pélvico do ciclo Muller e Saúde, programada para o Auditorio de Rianxo (entre as 16.30 e as 20.30).

Días máis tarde, o 8 de marzo ás 12.00 horas, haberá unha concentración de mandís na praza de Castelao da vila rianxeira, protagonizada polo alumnado dos centros educativos do municipio. Nesa mesma xornada do 8 de marzo ás 20.00 horas, celebrarase un acto institucional ás 20.00 horas no Campo de Arriba que virá acompañado dun concerto de The Tetas Van.

O 12 de marzo, ao abeiro do ciclo Muller e saúde, desenvolverase un novo coloquio no Auditorio de Rianxo a partir das 16.30, desta volta centrado na menopausa.

O sábado 16 de marzo proxectarase o filme Matria nas Escolas Vellas de Atalaia (Asados) a partir das 20.00 horas. A axenda rematará o 19 de marzo a partir das 16.30 horas cun coloquio sobre a menarquía do ciclo Muller e saúde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.