Quince elaboracións culinarias integran a segunda edición do receitario da Pobra

01 Febreiro 2024

A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal lanzou a segunda edición do receitario Da praia ó prato, que compendia, ilustra e reivindica o que se pode degustar hostalaría local. En palabras da edil Estefanía Ramos, a publicación pretende “dar a coñecer os produtos tan marabillosos e de tanta calidade culinaria que nos proporcionan os nosos mares, os nosos mercados e as nosas praias, ao tempo que se valoriza o bo facer dos restaurantes aquí presentes”.

De feito, as quince receitas que no total integran esta nova remesa proporcionáronas once locais colaboradores: O Xanxo, A Batea do Castelo, A Casa de Manuel, Casa Manolo, El Olivo Blanco, Hotel Cabío, Mesón O Facho, Nojira, O Malecón, Sisal e Tertulia no Laño.

As técnicas municipais do Turismo, Ángeles Tubío e Sara Sánchez, tamén asistiron ao Xanxo, lugar onde tivo lugar o acto de presentación da reedición. Tubío explicou que esta iniciativa xurdiu como complemento do obradoiro de marisqueo a pé destinado a escolares e turistas, se ben o receitario tamén se distribuirá en feiras gastronómicas como Xantar, que se desenvolve en Ourense no mes de novembro; na propia oficina do turismo; nos restaurantes colaboradores; e no resto de locais que o soliciten.

Berberechos, ameixas, mexillóns, vieiras, navallas, ostras, centola, bacallau ou pescada son a materia dos pratos que compoñen o documento.

Os mexillóns en escabeche caseiro son a proposta do Xanxo. O seu propietario, Xanxo del Puerto, sinalou que se trata dunha receita sinxela cun resultado “de gran calidade e saboroso”. Tamén cualificou positivamente a súa experiencia neste proxecto ao “dar a coñecer moitos dos pratos típicos da zona e poñer en valor os nosos produtos” con distinguidas características alimenticias e sabor.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.