Publicada a 2ª convocatoria de axudas a concellos para o embelemento do litoral e o impulso turístico

05 Febreiro 2024
Pasarelas de madeira na contorna de Xuño, en Porto do Son

Este luns 5 de febreiro publicouse a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. É unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Podemos vela no Diario Oficial de Galicia este luns.

Segundo se explica na convocatoria, esta liña de axudas destinarase aos concellos situados no litoral galego e concederanse en réxime de concorrencia non competitiva. O prazo para solicitalas comezará o 6 de febreiro ás 00.00 horas e rematará o 5 de marzo ás 23.59 horas. Entre outras, subvencionaranse accións que afonden na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

En concreto, inclúense actuacións como a rehabilitación sustentábel de edificacións como museos, monumentos, teatros, galerías de arte… nas que o concello acredite a súa dispoñibilidade; investimento en zonas verdes como vías verdes, camiños e sendeiros, espazos naturais que fomenten a biodiversidade vexetal que permitan conectar distintos puntos de interese turístico ou que contribúan á creación de novos produtos turísticos, tales como rutas polas zonas verdes.

No eido da dixitalización, subvencionaranse gastos de desenvolvemento de aplicacións turísticas ou desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico, gastos de deseño e instalación do desenvolvemento de folletos dixitais turísticos, ou de guías interactivas, placas informativas dixitais ou sinalización monumental intelixente, entre outras.

Amais, subvencionaranse actuacións encamiñadas á accesibilidade e un turismo inclusivo, como os gastos de obra e reforma que impliquen a modernización, mellora e adaptación de equipamentos existentes para mellorar a accesibilidade a recursos turísticos, tamén a adquisición de bens que teñan este mesmo obxectivo.

Esta convocatoria de axudas inclúese no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral que ten un plan de execución ata o ano 2024. Cun investimento global de 29,3M€ enmárcase este plan enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos turísticos.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.