Preto de 900 persoas participaron no “Encontro de Maiores” de Ribeira

25 Febreiro 2024

ENLACE DESCARGA DE FOTOS DO ACTO: https://fotoshare.co/i/2qkfvkb

O Concello de Ribeira celebrou este domingo o “Encontro das Persoas Maiores” no Pavillón da Fieiteira. Preto de 900 persoas maiores de 55 anos ou xubiladas participaron neste encontro que comezou coa celebración relixiosa na Igrexa Parroquial de Santa Uxía e posteriormente coa recepción por parte do alcalde Luís Pérez Barral, acompañado do primeiro tenente de alcalde Vicente Mariño de Bricio e membros dos partidos da corporación ás persoas participantes(PP, BNG, PBBI e PSoe), .

O alcalde ribeirense, Pérez Barral destacou que este Encontro do Maior “supón unha xornada de convivencia que contribúe a fortalecer os lazos de amizade e permítenos facer unha homenaxe a todas as persoas que tanto e tanto teñen contribuído para conformar o pobo que hoxe é Ribeira”.

Entre as principais novidades figurou a do propio xantar, que tivo como pratos principais os típicos do Entroido (tres mariscos, lacón con grelos, sobremesa de entroido e bebida), o acto renatou coa actuación dunha orquesta que amenizou ós asistentes dtralo xantar.

No encontro participaron amais dos membros da corporación o Conselleiro de Sanidade, Julián García Comsesaña , o senador ribeirense, Manuel Ruíz Rivas e os presidentes dos clubs de xubilados do Concello: Corrubedo, Palmeira, Aguiño e Ribeira, amais do alcalde de Rianxo e representantes dos concellos limítrofes.

ENLACE DESCARGA DE FOTOS DO ACTO: https://fotoshare.co/i/2qkfvkb

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...