Política Lingüística e Xuventude convocan a 13ª edición do certame Lingua de namorar

26 Febreiro 2024

Dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade, nas súas relacións persoais coma en Internet, é o obxectivo que persegue a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura e Educación) e a Dirección Xeral de Xuventude (Consellería de Política Social e Xuventude), ao convocar a décimo terceira edición do seu certame Lingua de namorar.

Máis polo miúdo, trátase dun concurso en liña de mensaxes de amor en galego dividido en tres categorías: dúas delas para a web (A e B) e unha exclusiva para Instagram (C). As mensaxes presentadas en todas as modalidades poderán enviarse até o 1 de abril e deberán estar escritas en lingua galega, en prosa ou en verso.

Nas categorías A e B particípase a través da páxina do concurso mediante un formulario de inscrición. A primeira delas é para a rapazada de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 aos 35. As mensaxes que participen nestas dúas categorías non deberán superar os 350 caracteres e serán publicadas na páxina do concurso, identificadas polo título e o número que se lles asigne. As declaracións de amor gañadoras serán as únicas que, posteriormente, se identifiquen co nome e apelidos dos ou das autores/-as.

En canto á categoría C, exclusiva para Instagram, está aberta a toda a mocidade dos 14 aos 35 anos, que poderá participar directamente na imaxe habilitada para o concurso no perfil @xuventudedegalicia. Neste texto indicarase, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o título e, a seguir, a mensaxe de amor. Ao final da dita publicación engadirase tamén o cancelo #LinguaDeNamorar. Amais diso, as persoas participantes deberán etiquetar dúas amizades de Instagram e seguir as contas @linguagalega e @xuventudedegalicia. Nesta modalidade as mensaxes non poderán exceder os 200 caracteres.

No caso das categorías A e B haberá dúas fases de selección. Na primeira delas, do 2 ao 7 de abril, as persoas que o desexen poderán votar polas súas mensaxes favoritas na páxina do concurso, previo rexistro nesta. Despois, o xurado elixirá as propostas gañadoras de entre as 50 máis votadas de cada categoría. No caso da categoría C, o xurado fará unha preselección de seis mensaxes de entre todas as presentadas e, posteriormente, do 16 ao 21 de abril, o público poderá votar pola súa favorita. Rematado o prazo de votación computaranse os Gústame! que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de likes por parte do público.

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 24 de abril tanto nas páxinas web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega como nos perfís de Instagram @XuventudeGalicia e @LinguaGalega. No caso da categoría C, a persoa autora da mensaxe gañadora poñerase en contacto coa organización antes do 30 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.

E indo aos premios, establécense tres por cada unha das categorías de idade A e B. Os primeiros recibirán un patinete eléctrico, os segundos un altofalante bluetooth JBL e os terceiros uns cascos sen fíos. Na categoría C , haberá unha única persoa gañadora, que recibirá un patinete eléctrico.

Engadir que a data da cerimonia de entrega dos premios publicarase no espazo web específico deste concurso, onde tamén se poderán consultar as bases completas para participar.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.