PLADEMAR Muros-Noia e Noia Limpa piden ao Goberno a aplicación integral da Lei de Residuos

20 Febreiro 2024

A semana pasada, 15 representantes das 116 entidades que conforman o movemento #LeydeResiduosYA reuníronse no Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico co secretario de Estado de Medio Ambiente e o seu equipo para profundar nas demandas do manifesto presentado o pasado 14 de decembro. Entre as 116 organizacións atopábanse, en representación da nosa comarca, PLADEMAR Muros-Noia e a Asociación Noia Limpa, entre outras entidades galegas como por exemplo ADEGA.

No encontro, as entidades, vindas desde Galicia, País Vasco, Catalunya, Illes Balears, Comunidad de Madrid, Canarias e Andalucía, trasladaron a emerxencia e a necesidade de que se despregue a Lei de Residuos ao completo para empezar a poñer freo á contaminación dos envases dun só uso e os riscos para a saúde e a biodiversidade que estes comportan, abrindo así o paso á prevención na xeración de residuos e á reutilización dos envases.

Con carácter de urxencia, as organizacións demandaron “o cumprimento dos obxectivos de reutilización, a necesidade de obter datos transparentes e fiábeis sobre a recollida selectiva e a reciclaxe dos envases e a posta en marcha dun sistema de depósito que nos permita devolver latas, botellas e bricks a tendas e supermercados”.

O encontro co secretario de Estado chega dous meses despois de que as representantes da sociedade civil fixesen público un manifesto pedindo o cumprimento total da Lei de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular e o Real Decreto de Envases e Residuos de Envases. Nese momento, as entidades asinantes foron 74, pero a día de hoxe, a cifra aumentou a 116.

Segundo explicou a plataforma, “a necesidade dunha actuación urxente fai que cada día se sumen organizacións de todos os puntos do territorio a este movemento”.

Durante a reunión, as entidades do movemento #LeydeResiduosYA entregaron a Morán un informe de 60 páxinas coas peticións concretas de máis dun centenar de organizacións que traballan cada día en todos os recunchos do territorio para acabar coa contaminación por plásticos e promover un modelo de xestión de residuos moito máis sustentábel.

“É o momento de que o Ministerio vele por cumprir a Lei de Residuos que a mesma administración

publicou en abril de 2022. Se non se cumpren cos obxectivos marcados no texto, algúns fitos para a xestión de residuos en España terán un gran risco, como a presenza de envases reutilizábeis nos supermercados ou o sistema de depósito, que tan ben funciona noutros países”, afirmaron as entidades.

As asociacións fan un chamamento a que todas as entidades que queiran que se cumpra a Lei de Residuos ao completo para que se unan a este movemento a través do formulario específico ou contacten directamente aos seus responsábeis.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...