“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

22 Febreiro 2024

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedores
agochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Tamén
houbo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposición
de intentalo novamente cando proceda e se presente a ocasión. As razóns para aparentar
serenidade e confianza búscanse debaixo das pedras e aparecen no dicionario, explícanse,
repítense cantas veces sexa necesario e malo sexa que non quede, cando menos, a dúbida
nunha parte das cabezas do rabaño de pensantes e votantes.
Pobres eles!, aqueles que recoñeceron que acadaran resultados “malos sen paliativos”,
mentres os seus de máis arriba agarrábanse á lonxanía e mantiñan silencio sepulcral. Non se
acordaban de nada, non foran partícipes de nada e non sabían nada de nada. Outros, tamén
derrotados, mesmo ao rematar o partido, volveron correndo para Madrid e alá seguirán
buscándolle tres pés ao gato. Varios deles acabaron en cero. Os que máis medraron, con
vinte e cinco, cumpriron e, ao seguir a marcaxe do sistema D’Hondt, o primeiro, corenta e o
outro, nove.
Os ganadores están tranquilamente á espera, toman posicións e palmean as redes, que
deben estar limpas e preparadas para a próxima temporada, cando moitos dos
protagonistas de hoxe vaian polo camiño da retirada. En política, como di a Tía Manuela, o
importante é participar, incorporarse á acción, opinar, traballar, ofrecer, cumprir e marchar
para deixar o camiño limpo e aberto, para que quen queira poida libremente andar por el.
O día das votacións é moi parecido a ese día da feira de Carballo, na que, como en calquera
feira, “cando un perde, outro gana”. Se acaso, aquí todos, tanto os que ganan como os que
perden, traballan “para que gane o pobo”. E o pobo, contento? Se melloran os servizos, se a
educación e a sanidade van a mellor, se as estradas, as comunicacións e as pensións
funcionan, “que máis podemos pedir?”.
Podemos pedir que erradiquen da acción política a falsidade e a mentira, os enganos e o
encubrimento. Podemos! E sabemos que as verdades hai que dicilas e, se é necesario,
reiteralas para que segan acompañando á xustiza e á liberdade. Gloria, a veciña do terceiro,
é contundente: “Aos que tapan, ocultan ou distorsionan a realidade, hai que mandarlles
parar” e, aínda que sexa en seco, teñen que parar.
Paz e despois gloria. Todo está no programa, nese programa perfectamente pensado por
xente que sabe, correctamente deseñado por especialistas experimentados, ben impreso e
dixitalizado, ben preparado e disposto, dende o principio, para aguantar o que lle poñan. O
programa é como a guía que poucos len, menos cren e ninguén segue.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.