“Os franceses berran NUNCA MÁIS ao peche do Golfo de Biscaia” – Antón Luaces

22 Febreiro 2024

Algo máis de 400 embarcacións francesas que faenan decote na costa atlántica remataron onte o confinamento no peirao de Lorient dende o 22 de xaneiro ata o 20 de febreiro. Un peche decretado para protexer os golfiños da captura accidental, que dou como resultado perdas irrecuperables para todos os elos da cadea da industria. Noxo incluído, segundo dixo Olivier Le Nézet, presidente de Sem Lorient-Keroman, que xestiona o porto pesqueiro de Morbihan.

A traca de remate a este atraco perpetrado pola UE puxérona as 250 persoas que se reuniron no antedito porto galo para facerse unha foto de familia ao berro de “Nunca Máis” tantas veces empregado en Galicia no episodio do Prestige. Foi o testemuño dunha protesta, ao mesmo tempo que unha proba da unión do sector. Pura simboloxía, si, máis os franceses fixeron o que os pescadores españois non foron quen de levar a cabo malia o ter anunciado.  Porque a protesta, aseguran, é xusta.

Canto perdeu a frota pesqueira do Cantábrico español por este peche imposto pola Comisión Europea?.

España non ofreceu datos, pero os franceses son contundentes: as últimas tres semanas de peche suporían “una perda de volume de peixe desembarcado do 48% (2.700 toneladas  menos) e unha perda de valor do 57% (-9,4 millóns de euros) en comparanza con 2023, para as subhastas afectadas polo peche.

Só no porto de Lorient hai 500 toneladas menos, o que representa dous millóns de euros, ou una perda neta de dereitos para o porto de 350.000 euros.

A estas cifras hai que sumar as das empresas de mantemento dos barcos, ás que se prohibiu intervir na prestación dese servizo. E o atraso no pagamento das axudas estatais puxo en dificultades a algúns clientes e deixando ás empresas con débedas impagas.

O máis curioso da decisión europea de pechar a pesca é que durante o confinamento da frota -tamén afectou aos barcos españois- o encallamento de golfiños continuou mentres os barcos permanecían no porto: 75 fronte a 93 o ano pasado polas mesmas datas. De que morreron?. Os pescadores levan  moitos anos tentando evitar na medida do posible a captura de arroaces, e amosan a súa desconformidade con esta medida adoptada pola CE cun razoamento sinxelo: “Cando falamos de sostibilidade non  só podemos falar dela dende un prisma medioambiental, se non tamén social e económico. A profesión pide una toma de control político do tema. Non aceptará outro peche”.

O golfo ía reabrirse hoxe, mércores, pero os barcos franceses non o van facer ata os vindeiros días. Eles marcan a ruta a seguir e en España criticamos o que os franceses levan na cabo para, posteriormente, facermos o mesmo. Unha outra  vez non existe unidade de acción, dicía un armador de Euskadi, “e o que fan os franceses é marcarnos o  camiño”

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.