Os empresarios de Ribeira volven sacar á rúa a ruleta dos Días Tolos (con máis de 1.500 euros en premios)

20 Febreiro 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira organiza nesta recta final de febreiro unha nova campaña para impulsar o comercio do concello: a nova edición dos seus Días Tolos, que se celebra esta última fin de semana de febreiro. Incluirá, coma en anos anteriores e debido ao éxito colleitado, unha ruleta de premios en plena rúa.

Este ano participarán unha trintena de establecementos, igual que o ano anterior.

Segundo explica a patronal ribeirense, por cada tícket de compra dos negocios asociados adquiridos os días 23 e 24 (venres e sábado) de febreiro, o cliente terá dereito a unha tirada na ruleta emprazada na rúa de Galicia (á altura do Banco Santander) na que poderá conseguir diferentes premios. Por exemplo vales de compra, cuncas, bolsas, paraugas, plantas ou tíckets de aparcamento. En termos de contía, estamos a falar de máis de 1.500€ en premios.

A ruleta estará operativa na rúa de Galicia o sábado 24 desde as 11:30h ata a tardiña, ata esgotar existencias.

Esta campaña da Asociación de Empresarios de Ribeira está financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.