Oito detidos en Boiro por tráfico de drogas polo miúdo

16 Febreiro 2024


A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a oito persoas por tráfico de drogas polo miúdo. A operación Copito de Neve permitiu desarticular unha organización dedicada ao tráfico de substancias estupefacientes e deter a dúas mulleres e seis homes da localidade que habilitaran varios puntos de venda polo miúdo, xerando molestias e alarma social entre os veciños.

Os axentes constataron que o xefe había urdido unha rede de puntos de venda, aproveitando que os seus responsables xa tiñan relación con este tipo de delitos. Unha vez obtidas as evidencias dos presuntos delitos e a localización dos inmobles nos que se realizaban, os efectivos solicitaron autorización Xudicial para o rexistro de dous domicilios.

A Garda Civil realizou posteriormente outros dous rexistros domiciliarios ao acceder voluntariamente os residentes a que se efectuasen. O resultado dos efectos incautados nos catro rexistros foi o seguinte:

2.055 euros en efectivo
835 gramos de cocaína
75 gramos de heroína
102 gramos de haxix
3,203 quilogramos de marihuana
11 básculas de precisión
Tres smartphones
64 cartuchos de calibre 38S&W
51 cartuchos de caza do calibre 12
14 cartuchos de caza do calibre 16
Útiles para a preparación e distribución de substancias estupefacientes.

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribeira, decretando a Autoridade Xudicial o ingreso en prisión do xefe do grupo.

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada ao tráfico de substancias estupefacientes cuxo xefe foi enviado a prisión e incautou cocaína, heroína, haxix, marihuana, básculas e cartuchos de caza, entre outros efectos. Foto Garda Civil

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...