O PP de Ribeira considera “un despropósito” a xestión levada a cabo polo Goberno municipal co aparcamento do Centenario

10 Febreiro 2024

O Partido Popular de Ribeira emitiu un comunicado no que cualifica de “auténtico despropósito toda a xestión levada acabo polo Goberno tripartito municipal na recuperación do aparcamento de Centenario e a xestión e entrada en vigor das novas ordenanzas, que son máis caras”, sinala a agrupación, que lembra que “na anterior lexislatura o Concello xa aprobou as correspondentes ordenanzas para recuperación do aparcamento, ás que se opuxeron tanto o BNG como o PBBI e os socialistas, sen que ata o día de hoxe se levara a cabo a pesar das solicitudes da empresa concesionaria Proinsa”.

E engaden: “A inacción do actual Goberno local de Ribeira levou a Proinsa a presentar un contencioso administrativo para que o Concello procedera a recuperación e aprobase o valor do rescate, cousa que non só non se fixo a pesar dos meses transcorridos, senón que o Concello non contestou á demanda, o que derivou en que o caso quedou visto para sentenza sen a defensa do Concello, que ademais tivo coñecemento desta situación e non ten informado do contido da mesma”.

No comunicado os populares explican que “agora, despois de aprobar no pasado mes de decembro o regulamento e a ordenanza que regula as tarifas de aparcamento, o Goberno tripartito acaba de levar adiante novas actuacións”. E apuntan: “Desde o Grupo Popular sentímonos defraudados porque pensamos o Goberno municipal aprobaría antes da súa entrada en vigor, o pasado 25 de xaneiro, os últimos trámites para o rescate definitivo da concesión”.

O grupo sinala tamén que “nestes momentos, aínda non foron capaces de que as ordenanzas entrasen en vigor, pero, o que é peor, executaron actos de transcendencia económica sobre o aparcamento, como as novas tarifas, sen ter a posesión do mesmo (tanto o pago aos traballadores como a recadación séguense enviando aos administradores concursais)”.

E apuntan que todas estas actuacións fixéronse, ademais, “sen coñecemento dos administradores nin da empresa concesionaria, o que pode levar ao Concello a un novo conflito xudicial pola súa imprudencia ao prexudicar ás partes implicadas na fase de liquidación do concurso”.

Os populares critican a maiores que “neste momento, o cumprimento da nova ordenanza tan só se fai nas tarifas por minuto, incumprindo a entrada en vigor das tarifas de abonados, que soben de 44 a 60 euros (de 44 a 50 para abonados anuais) e que tampouco foron nin consultados nin notificados de tal medida”. Segundo fan saber, “o estacionamento do Centenario segue funcionando co mesmo horario que ata o de agora e por tanto non as 24 horas nin 365 días do ano prometidos”.

Amais, os populares din que se debe repensar a tarifa de verán para visitantes (que ascende a 120 euro), porque “á parte de ser facilmente burladas no seu pago, farán que se multipliquen os coches en procura de aparcamento exterior, multiplicando os problemas para atopar estacionamento”, sosteñen.

Por último, desde o PP de Ribeira sinalan que “a xestión municipal constitúe unha irresponsabilidade neste momento, debido a que non está aprobado o valor do rescate e non se sabe se o Concello poderá facerse cargo da contía do mesmo, polo que o máis sensato sería esperar a ese momento para decidir a mellor opción”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.